xira surreal
Marful apura os últimos concertos da Xira Surreal e sobe ao norte
Venres 4, ás 20:30h na Fábrica de Sargadelos (Cervo)
Marful entra no templo da arte fabril galega: a Fábrica de Sargadelos.
A Fábrica poderá visitarse durante a mañá (até as 14h).
A presenza musical de Marful comezará ás 20:30h en punto e rematará ás 22h.
Ao remate, artistas e público poderán degustar unhas tapas en Cervo, ofrecidas pola S.D. Cervo-Sargadelos e a Asociación Cultural Airiños do Xunco, preludio da Festa do Porco que terá lugar ao día seguinte.
Esta actividade é posíbel grazas á colaboración do Concello de Cervo, a Fábrica de Sargadelos e grazas ao público.
Aforo limitado (40 persoas). Entrada 15 euros. Reserva de entradas no Concello de Cervo ou aquí.
Marful en Vigo
O PAQUEBOTE SURREAL DE MARFUL CHEGA AO MUSEO DO MAR DE VIGO
Venres 27 de abril ás 21h. Entradas á venda aquí
Marful navega moitos mares. A veces dorna, a veces veleiro, agora buque e despois conserveiro, deses galegos pioneiros que inventaron o conxelado a bordo.
O paquebote Marful chega ao porto máis importante das costas europeas: VIGO.
Cidade bordeada polo mar, da que non sobresaen torres senón guindastres dos asteleiros do porto.
Cidade de almas perdidas, universais e lobos de mar. Cidade da que Marful «vuelve» no «Manual de Sedución».
O lugar non pode ser máis singular: a antiga lonxa de Vigo que se conserva íntegra no Museo do Mar. Alí será onde Marful ofreza a súa presenza musical, tocando o mellor dos seus dous discos.
Ao rematar o público está convidado a un convivio cos artistas arredor dunhas conservas gourmet, ofrecidas por Conservas de Cambados. Será na taberna «O Croque» (no propio Museo).
Unha noite para desfrutar en potencia das vistas do Museo, o olfato do Mar, a música de Marful, o gusto das Conservas e o contacto do resto dos Asistentes, porque o espazo é Íntimo e o Aforo limitado.
A entrada para esta presenza musical é de 15 euros. As entradas poden mercarse no propio Museo.
Tamén poden reservarse na web de Marful.
Marful chega á Casa de Curros en Celanova este venres 30 de marzo ás 21h
No ano Curros Enríquez Marful chega á Casa dos Poetas,
á casa do poeta de «Unha noite na eria do trigo» ou de «Un adeus a Mariquiña»
unha das Casas Museus máis ben coidadas e máis visitadas do país.
Marful chega a Celanova dentro da súa Xira Surreal
Música, Arquitectura e Petiscos Locais
desta volta preparados e ofrecidos por Javier Torcuati, da Rectoral de Ansemil
e regados con viño da zona. Alí vos agardamos!
Aforo limitado a 40 localidades. Reservas en www.marful.info
Celanova (AM)
A próxima presenza musical de Marful será o vindeiro
30 de marzo, ás 21h, en Celanova,
na Casa Museo de Curros Enríquez.
Marful en Ponteareas (25/02/2012)
Marful estivo en Ponteareas no Castelo de Sobroso:
Ponteareas (AM)
IV Parada da Xira Surreal de Marful
Castelo de Sobroso, Ponteareas. Sábado 25, 21h
A raíña dona Urraca, o seu fillo Afonso Enriques, Pedro Madruga… a historia medieval de Galiza forxouse entre estas pedras outas e seguro que non estivo exenta de música de trobadores, xoglares…
Agora acolle Marful e a súa música. Aforo limitado (50 persoas) para desfrutar de Marful no interior do Castelo de Sobroso.
E degustar a empanada da panadaría que xa en tempos servía ao castelo, o viño do Condado e as rosquillas de Ponteareas.
Reservas no propio Castelo: 986 654305











