Pedro Pascual

Intérprete, docente, compositor e produtor, coñece varios instrumentos. Está ligado a proxectos como Laio, Nuke Trío, Talabarte, Marful, Ao Pé da Letra ou Descarga ao Vivo. Tocou con solistas das músicas tradicionais como Leilía, Uxía Senlle, Budiño ou María Salgado e músicos como Jacky Molard, Soïg Sibèril, Mercedes Peón, Tony McManus, Pierre Invert, Kathryn Tickell, Javier Bergia, Tanya Tagaq, David Herrington,… Actuou nos espazos máis importantes da Península Ibérica, e tamén en Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Canadá ou Cuba.

Marful son: Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.