Xira verán 2011
Tras a hibernación agroman os amores e Marful regresa co seu “Manual de Sedución. Comeza a xira de verán 2011
Presentaron este novo disco o pasado outono e esgotaron a primeira edición ao mes de se presentar. Había espectación logo do primeiro, e logo de catro anos de espera por este segundo traballo.
Por iso este Manual de sedución, cheo de preguntas e certezas, de portas entreabertas, cheo de cor e de ritmo gustou tanto. E a xente viu, ouviu, mercou… e a segunda edición esgotouse aos seis meses. E van pola terceira. Eles calaron neste inverno, pero o “Manual” seguiu entrando nos fogares de miles de ouvintes. E seguiu namorando…
Agora Marful volve na primavera, coma as anduriñas, para presentar ao vivo o Manual de Sedución. Arrincan a xira de verán que comeza a agromar en moitas cidades do país.
…combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che muito boas, o caso é ter tempo para amar, na trajetória silenzo quero-te mais / contradecimos o que ponhemos em juizo, reconhecemos este xeito de tar, com quatro doses compensas esta minha idiota ilusom porque conhezo a miséria animal…
“Jota para Frank Sinatra”. Marful
Marful son catro músicos con maiúsculas: UGIA PEDREIRA (voz), MARCOS TEIRA (guitarra), PEDRO PASCUAL (acordeón diatónico), e PABLO PASCUAL (clarinete baixo). A eles súmanse nesta xira Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería), de Sumrá.
Manual de Sedución foi gravado nos Estudios Savik Sound de Caritel (Pontevedra) e contou coa colaboración de Xacobe Martínez (contrabaixo), LAR Legido (bateria e percusións), David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha (violín) e Germán Díaz (serra). O técnico de son foi José Trincado.
Manual de sedución










